O MISTERIO DE NATALIA
INTRODUCIÓN
Na APP "O Misterio de Natalia" terás que axudar a Luísa, a filla de Natalia, a descubrir que lle pasou a súa nai, para isto terás que facer o que che pida resolvendo unha serie de acertixos e dandolle as respostas para que Luísa poda ir sacando conclusións ata descubrir definitivamente que lle pasou a súa nai. A medida que avances na APP, irás coñecendo a vida de Natalia na Coruña.
DINÁMICA
O obxectivo da APP ao marxe da historia e que podas entreterte ao mesmo tempo que vas pola cidade buscando pistas e tratando de buscar que é o que necesitas para completar o seguinte paso. Terás que escoitar os acertixos de Luísa e pode ser que te pida que lle fagas unha foto da pista ou que lle escribas a resposta que atopes. En conclusión, se queres completar a APP terás que ir por toda a cidade atento/a ao que che pide e pensar en onde pode estar e non ir ao loco.


