USO E REFLEXIÓN SOBRE IA
- Tartarios
- 8 mar 2024
- 2 Min. de lectura
1. O USO DA IA NA APP
Para levar a cabo o proxecto fumos empregando a IA para facilitar o noso traballo e xerar imaxes ou audios que non seríamos capaces de facer doutra maneira. Para realizar a APP tivemos que xerar unha imaxe que fose o logo, para isto buscamos unha IA que nos permitise xerar imaxes con facilidade e de forma rápida.
Na APP tamén se escoita a voz dunha muller presentándose e explicándonos a súa petición. Esta voz tamén foi feita cunha IA, a cal pode converter o texto a voz e xera un arquivo de audio co que escribiches. Este audio o empregamos para poder facer un video a modo de introdución para a aplicación.
Tamén tivemos que entrenar unha IA cuxa función era saber se a imaxe que introduces para responder a un dos acertixos, correspóndese coa resposta ou non.Ademáis da APP tivemos que facer unha historia, cuxo titulo é produto dunha IA. Tamén insertamos imaxes para que o arquivo da historia quedase máis estético, e esas imaxes tamén foron xeradas por unha intelixencia artificial.
2. REFLEXIÓN SOBRE O SEU USO
As IAs poden ser moi útiles e facilitar moito o traballo, pero e certo que o imprescindible para poder usalas é a responsabilidade, non usalas para o mal, se non para esas situacións nas que no teñas ideas ou non sepas facer algo, como pode ser un título dunha historia ou deseñar desde cero algunha imaxe. Por desgraza non moita xente é consciente disto e as utilizan para todo; e sempre, sen empregar nin un mínimo de esforzo ou a súa propia imaxinación, e o peor é que a pesar da súa utilidade, a xente emprégaas para facer o mal.

Comentarios