PROCESO CREATIVO E INVESTIGACIÓN PARA A HISTORIA
- Tartarios
- 26 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 mar 2024
O proxecto comezou lendo o poema de Luísa Villalta “Porta da Rúa Amargura”, e entre todos interpretamos que se trataba dunha queixa ás sociedades tradicionais que impoñen as súas tradicións e costumes ás novas xeracións, limitando a liberdade de decisión destas.
Con esta interpretación en mente, decidimos crear unha historia que representara este sentimento, ao mesmo tempo que relataba a orixe do gusto pola escritura de Luísa Villalta.
Investigamos sobre algúns personaxes históricos contemporáneos á nai de Luísa, da que non atopamos información, así que inventamos un personaxe ficticio. Entre estos personaxes están Isaac Díaz Pardo, Ramón Cabanillas e as Irmandades da fala, que aínda que xa se disolveran nese momento, coseguímolas introducir dun modo misterioso e intrigante.
Tamén utilizamos intelixencia artificial para crear imaxes que aporten detalles á historia é sexa moito máis fácil seguir o fío da mesma.
En resumo, conseguimos crear unha historia curiosa que pode enlazarse fácilmente co videoxogo a través do epílogo que envolve a trama dun misterio que fará que quen lea o libro non poda evitar completar o xogo.

Comentarios